Este ano os nenos e nenas continuamos co apadriñamento lector co alumnado que este ano se atopa en 2º. Os maiores ensinaban a ler aos máis pequenos. A experiencia foi todo un éxito e houbo un clima de compañerismo fantástico e o resultado foi que moitos nenos aprenderon a ler e terminaron lendo aos maiores. De toda esta experiencia fixemos un vídeo con reflexións do traballo feito elaborados polo alumnado participante.