domingo, 9 de abril de 2017

PROXECTO EUROPEO ATS 2020



   




    Durante este ano estamos participando no proxecto europeo ATS2020 no que colaboran 250 escolas de 11 países. Trátase dun proxecto piloto que trata de desenvolver e avaliar as competencias transversais no proceso de ensino e aprendizaxe. Para levalo a cabo empregamos a plataforma Mahara onde nos centraremos nas seguintes competencias: alfabetización informativa, alfabetización dixital, colaboración na comunicación, creatividade e innovación e aprendizaxe autónom 
     O noso traballo ten un recoñecemento importante xa que foi publicado na web oficial onde podedes ver unha mostra do mesmo, así como o que se está a facer noutros países tanto en primaria como en secundaria. 
     Nos seguintes enlaces tendes acceso aos eportfolios dos nenos e nenas, e a verdade é que fixeron un traballo excepcional. Parabéns para todos e todas