domingo, 9 de junio de 2019

EXCURSIÓN FINAL 5º PRIMARIA

O pasado martes 4 de xuño, respetounos o tempo e puidemos levar a cabo a tan esperada saída final de curso. Chegou o día e fomos en autobús cara a Marín, onde nos deixou o autobús e camiñamos polo sendeiro Azul da Ruta das praias ata a praia de Aguete. 
Camiñamos durante 1 hora nas que percorremos os 4,2 km que o separan de Marín e pasamos polas praias de Portocelo, Mogor,.. Foi un paseo no que poidemos disfrutar da paisaxe que nos íamos atopando
Pola tarde disfrutamos das tirolinas no parque multiaventura de Marín. Foi un día inolvidable e tamén agotador e para que o vexades, temos fotos que aparecen ao clicar na seguinte imaxe.

EXCURSIÓN MARIN