Este curso estivemos inmersos nun proxecto de arte e pintua. Miró,
Kandinsky, Bansky... cada nivel escolleu un ou varios artistas, investigou a
súa vida, a súa obra é despois fixo a súa propia representación artística
inspirados nestes autores. Este xeito de traballar vai máis alá de traballar
aspectos plásticos, estéticos ou artísticos, implica relacionar diferentes
ámbitos de aprendizaxe e compartir o aprendido.
Todo este traballo queda recollido nesta revista dixital, unha
obra colaborativa na que se implicó todo o cole e que pretende mostrarnos unha
pequena parte do aprendido.
Os nosos traballos centráronse en Miró, El Seed e Van Gogh.
Agardamos que desfrutedes dela e non deixedes de
clicar nas imaxes, hai moitas sorpresas agochadas!